martes, 31 de marzo de 2020

TAREFAS


Mércores 1 e xoves 2 de abril de 2020.



Bos días equipo!

Aquí vos deixo o plan de traballo para hoxe e mañá!

MATEMÁTICAS

3º Comezamos a unidade 9: FRACCIONES Y DECIMALES. Tedes que poñer o título da unidade na libreta. Pinchando na imaxe que aparece debaixo tedes a explicación das fraccións (hai que lela varias veces e estudala) e uns vídeos sobre as fraccións que debedes ver. Por último, facedes na libreta, da páxina 126 o 1, 2 e 3 e da 127 o 4, 5 e 6.








4º Comezamos a unidade 9: TIEMPO Y DINERO. Tedes que poñer o título da unidade na libreta. Pinchando na imaxe do reloxo  tedes a explicación das fraccións (lédela varias veces e estudádela) e uns vídeos sobre as horas e o reloxo analóxico e dixital que debedes ver. Por último, realizade na libreta, da páxina 128 o 1 e o 2 e da 129 o 3 e o 4.








L.CASTELÁ

A tarefa de hoxe consiste en escribirme un correo electrónico a: monicavd1234@gmail.com contándome:

- Como estades.
-Que botades de menos.
-Que vos parace a situación que estamos vivindo. 
-Como pasades o tempo.
-Que estaría ben que fixeramos a nivel clase.

Intentade estendervos, evitando escribir frases moi curtas.
A estas alturas xa deberiades saber enviar un correo, de todas maneiras,  se non sodes capaces, podédeslle pedir axuda aos vosos familiares (só no envío do correo, non na redacción, ortografía...).

Pinchando nos vídeos tedes a explicación e o resto de actividades que hai que facer.

LINGUA CASTELÁ 3º

LINGUA CASTELÁ 4º

L.GALEGA

3º e 4º: ledes a lectura inicial da unidade 9 e facedes un breve resumo na libreta.

C.SOCIAIS

Repasastes a unidade 5? Espero que si. Imos facer un cuestionario para ver o que estudastes. Tedes que entrar en joinmyquiz.com, darlle a unirte al juego, introducir o código e completar o cuestionario.

Código 3º:  751923
Código 4º: 680225

C.NATURAIS

4º: ledes e estudades as páxinas 28 e 29 e facedes da páxina  29 o 2 e o 4. Despois ledes as páxinas 30 e 31 e, por último, completades na libreta o esquema (exercicio2) da páxina 33.

Despídome ata a volta das vacacións de semana santa. Desexo que descansedes moito e o pasedes ben, aínda que sexa na casa. Podedes organizar xogos coa familia, sesións de cine... e todo o que se vos ocurra.

Lembrade ler un pouco, facer cálculo e problemas.

Se queredes repasar contidos dos vosos libros de texto entrade na páxina do
 CEIP LORETO, alí encontaredes un montón de actividades e xogos educativos.

Aquí vos deixo o enlace:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...