xoves, 19 de decembro de 2019

BO NADAL


Daniel, Uxía, Noa, Hugo R, Águeda, Hugo M, Martiño, Bruno e a profe Mónica desexámosvos un bo nadal 😊


venres, 13 de decembro de 2019

AMIGO INVISIBLE

Cada neno/a ten que elaborar un agasallo con material de refugallo (non comprado) para o compañeiro/a  que lle tocou por sorteo. Deberá colocarlle unha tarxeta co nome do destinatario e traelo nunha bolsa.  

mércores, 11 de decembro de 2019

PALABRAS COMPOSTAS

Hoxe traballamos as palabras compostas coas seguintes actividades:
Actividade 1: Memory de palabras compostas
Tiñan que encontrar outra palabra coa que formaran unha composta que exista, e, a continuación, pegábanas na libreta (intentando conseguir o maior número de palabras compostas).
Actividade 2: Completa a táboa
Deille unha táboa incompleta que debían de completar coa palabra compostas,  ou coa súa descomposición. A táboa pegárona no caderno, co propósito de que teñan unha lista de palabras compostas ao seu alcance.
Actividade 3: Formación de palabras compostas con imaxes
Debían ir uniendo as dúas palabras simples que forman a palabra composta e a composta resultante. A continuación, anotábanas na táboa de palabras compostas e pegaban as imaxes na libreta (houbos ben rápidos 😊).

luns, 2 de decembro de 2019

EXAME LINGUA CASTELÁ



EXAME DE LINGUA CASTELÁ-UNIDADES 3 E 4 - Martes 11/12





CONTIDOS 3º

  • Palabras polisémicas
  • As oracións: suxeito e predicado
  •  O son g suave
  •  Frases feitas
  • Sons e letras
  •  O  punto
  •  Descrición de animais
  •  A postal






CONTIDOS 4º

·     Palabras homófonas
·     Clases de oracións
·      Acentuación (palabras esdrúxulas, llanas e agudas)
·      Palabras primitivas e derivadas
·     Sílaba tónica e átona
·     Ditongos e hiatos
·     Frases feitas
·      Descrición de animais
·     A postal


Nota:

-    A estrutura do exame será a mesma que a do anterior (ditado, comprensión lectora, gramática e expresión escrita).
-    Deberán estudar polo libro e pola libreta (a descrición de animais e a postal están explicadas na libreta, con exemplos).
-    As datas dos exames que faltan por facer neste trimeste, están apuntados na pizarra dende hai 10 días aproximadamente (díxenlles que os  apuntaran na axenda e que foran estudando).




EXAME DE MATEMÁTICAS




EXAME DE MATEMÁTICA-UNIDADES 3 - LUNS, 10/12





CONTIDOS 3º

  •  Suma de dous números.
  •  Suma de tres números.
  •  Estimación de sumas.
  •  Problemas de sumas e restas.





CONTIDOS 4º

·         Propiedade conmutativa e asociativa da suma.
·         Estimación de sumas e restas.
·         Sumas e restas combinadas.
·         Problemas de sumas e restas.



EXAME DE LINGUA GALEGA




EXAME DE LINGUA GALEGA-UNIDADES 3 E 4 - XOVES, 5/11




CONTIDOS 3º

·         Oracións: suxeito e predicado.
·         O punto (seguido, a parte e final).
·         Sons e letras. O abecedario. Os dígrafos.
·         O son g. A diérese.
·         Escribir un diálogo a partir de imaxes.








CONTIDOS 4º

·         Os antónimos.
·         O grupo nominal.
·         O son b. A grafía v.
·         Palabras polisémicas.
·         O substantivo (masculino, feminino, singular, plural, común, propio, individual e colectivo). Formación do feminino e do plural dos substantivos.
·         A grafía h.
·         A narración. O conto.
·         Escribir un diálogo a partir de imaxes.

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...