xoves, 19 de decembro de 2019

BO NADAL


Daniel, Uxía, Noa, Hugo R, Águeda, Hugo M, Martiño, Bruno e a profe Mónica desexámosvos un bo nadal 😊


venres, 13 de decembro de 2019

AMIGO INVISIBLE

Cada neno/a ten que elaborar un agasallo con material de refugallo (non comprado) para o compañeiro/a  que lle tocou por sorteo. Deberá colocarlle unha tarxeta co nome do destinatario e traelo nunha bolsa.  

mércores, 11 de decembro de 2019

PALABRAS COMPOSTAS

Hoxe traballamos as palabras compostas coas seguintes actividades:
Actividade 1: Memory de palabras compostas
Tiñan que encontrar outra palabra coa que formaran unha composta que exista, e, a continuación, pegábanas na libreta (intentando conseguir o maior número de palabras compostas).
Actividade 2: Completa a táboa
Deille unha táboa incompleta que debían de completar coa palabra compostas,  ou coa súa descomposición. A táboa pegárona no caderno, co propósito de que teñan unha lista de palabras compostas ao seu alcance.
Actividade 3: Formación de palabras compostas con imaxes
Debían ir uniendo as dúas palabras simples que forman a palabra composta e a composta resultante. A continuación, anotábanas na táboa de palabras compostas e pegaban as imaxes na libreta (houbos ben rápidos 😊).

luns, 2 de decembro de 2019

EXAME LINGUA CASTELÁ



EXAME DE LINGUA CASTELÁ-UNIDADES 3 E 4 - Martes 11/12





CONTIDOS 3º

  • Palabras polisémicas
  • As oracións: suxeito e predicado
  •  O son g suave
  •  Frases feitas
  • Sons e letras
  •  O  punto
  •  Descrición de animais
  •  A postal






CONTIDOS 4º

·     Palabras homófonas
·     Clases de oracións
·      Acentuación (palabras esdrúxulas, llanas e agudas)
·      Palabras primitivas e derivadas
·     Sílaba tónica e átona
·     Ditongos e hiatos
·     Frases feitas
·      Descrición de animais
·     A postal


Nota:

-    A estrutura do exame será a mesma que a do anterior (ditado, comprensión lectora, gramática e expresión escrita).
-    Deberán estudar polo libro e pola libreta (a descrición de animais e a postal están explicadas na libreta, con exemplos).
-    As datas dos exames que faltan por facer neste trimeste, están apuntados na pizarra dende hai 10 días aproximadamente (díxenlles que os  apuntaran na axenda e que foran estudando).




EXAME DE MATEMÁTICAS




EXAME DE MATEMÁTICA-UNIDADES 3 - LUNS, 10/12





CONTIDOS 3º

  •  Suma de dous números.
  •  Suma de tres números.
  •  Estimación de sumas.
  •  Problemas de sumas e restas.





CONTIDOS 4º

·         Propiedade conmutativa e asociativa da suma.
·         Estimación de sumas e restas.
·         Sumas e restas combinadas.
·         Problemas de sumas e restas.



EXAME DE LINGUA GALEGA




EXAME DE LINGUA GALEGA-UNIDADES 3 E 4 - XOVES, 5/11




CONTIDOS 3º

·         Oracións: suxeito e predicado.
·         O punto (seguido, a parte e final).
·         Sons e letras. O abecedario. Os dígrafos.
·         O son g. A diérese.
·         Escribir un diálogo a partir de imaxes.








CONTIDOS 4º

·         Os antónimos.
·         O grupo nominal.
·         O son b. A grafía v.
·         Palabras polisémicas.
·         O substantivo (masculino, feminino, singular, plural, común, propio, individual e colectivo). Formación do feminino e do plural dos substantivos.
·         A grafía h.
·         A narración. O conto.
·         Escribir un diálogo a partir de imaxes.

venres, 29 de novembro de 2019

ACERTIXOS MATEMÁTICOS




Traballamos o cálculo mental a través de acertixos matemáticos.


CIRCULAR

TRABALLANDO "FRASES FEITAS"


Ían dicindo números do 1 o 10, o que acertara o número, collía unha frase feita e buscaba o seu significado. Tiña trinta segundos para encontrala. Se acertaba o significado da frase feita, pegábaa na libreta (xunto a teoría das frases feitas).  Estaban súper concentrados!



xoves, 28 de novembro de 2019

EXAME DE CIENCIAS SOCIAIS


EXAME DE CIENCIAS SOCIAIS-UNIDADE 2
MÉRCORES 4/11






3º A REPRESENTACIÓN DA TERRA







CONTIDOS





• A representación da Terra mediante globos terráqueos e mapas.
• Os océanos e continentes do mundo.
 • A orientación polos puntos cardinais, a natureza e a tecnoloxía.




4º AS ROCHAS E O RELEVO DE ESPAÑA



CONTIDOS

• A codia terrestre e as rochas.
• Placas tectónicas, volcáns e terremotos.
• As rochas e os minerais.
• O relevo de España.

luns, 25 de novembro de 2019

EXAME C.NATURAIS (4ºE.P.)


CONTROL DE C.NATURAIS
UNIDADE 4:
 ANIMAIS VERTEBRADOS

(Só para os de 4º)

Venres, 29 de novembro






CONTIDOS

• Os mamíferos. Características e grupos: carnívoros, ungulados, primates e cetáceos.
• As aves. Características e grupos: corredoras, nadadoras, rapaces e paxaros.
• Os réptiles. Características e grupos: lagartos, serpes, crocodilos e tartarugas.
• Os anfibios. Características e grupos: anfibios con rabo e anfibios sen rabo.
• Os peixes. Características e grupos: peixes óseos e peixes cartilaxinosos.

mércores, 13 de novembro de 2019

EXAME DE MATEMÁTICAS




EXAME E DATAS

CONTIDOS QUE ENTRAN NO EXAME


  


     Matemáticas-unidade 2:
        20 de novembro
          
                3ºE.P.

·          Números de 5 cifras.
·         Aproximacións.
·         Números romano.
·         Problemas de sumas e restas.

                 
                  4ºE.P.

·      Propiedade conmutativa e asociativa.
·      Estimación de sumas  e restas.
·     Sumas e restas combinadas.
·     Números romanos.
·     Problemas de sumas e restas.


NOTA: Deben estudar tanto polo libro como pola libreta.
 As matemáticas estúdanse practicando, é dicir, facendo exercicios.

mércores, 30 de outubro de 2019

DISFRACES DE SAMAÍN

Hoxe  celebramos o Samaín no cole e os nenos/as viñeron disfrazados . Que medo daban!!!


domingo, 27 de outubro de 2019

VISITA ARGALLAR (CIDADE DA CULTURA)



Argallar conta con xogos de construcción de carácter xeométrico.  Realizamos xogos a partir da arquitectura. Pasámolo de marabilla! ☺️☺️☺️☺️

domingo, 20 de outubro de 2019

EXAMES DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ


EXAMES E DATAS


CONTIDOS QUE ENTRAN NO EXAME



L.galega-uds 1 e 2

29 de outubro

3º ED.PRIMARIA

-Vocabulario: expresións/frases feitas: aberta de par en par, esmedrellarse de risa, ollos coma pratos, ano da polca.
-Gramática: a comunicación. Formas de comunicación. A linguaxe e as linguas. Linguas que se falan en España  (Saber localizar nun mapa de España as linguas que se fala en cada comunidade).
-Ortografía: o son k e z.
-Expresión escrita: escribir un correo electrónico. Elaborar un cartel.
Poesía : verso. Identificación de versos que riman.

4º ED. PRIMARIA

-Vocabulario da casa e da cociña. O dicionario.
-Gramática: as linguas de España. O galego (Saber localizar nun mapa de España as linguas que se fala en cada comunidade). A sílaba e a palabra. Ditongo e hiato.
-Ortografía: sons e letras (g e gu/c e qu/c e z/r e rr/ b e v).
Expresión escrita: escribir un correo electrónico. Elaborar un cartel.
-Literatura: a narración literaria (narrador, personaxes, lugar, tempo, acción).




L.castelá-uds 1 e 2

30 de outubro

3º ED.PRIMARIA

-Vocabulario: palabras sinónimas, antónimas y polisémicas (ud 3 pág 39). Palabra del día (desbordar, júbilo, sereno, huérfano y busto).
-Gramática: La comunicación. Formas de comunicación. Lenguaje y lenguas. Oración. Sujeto y predicado (ud.3 págs 40 y 41)
Ortografía: el sonido k y z.
Expresión escrita: autobiografía, biografía y descripción de personas.



4º ED.PRIMARIA

-Vocabulario: palabras sinónimas, antónimas  y polisémicas. Palabra del día (desbordar, júbilo, sereno, huérfano y busto).
-Gramática: la comunicación.El lengua y las lenguas. Las lenguas de España. Oración. Sujeto y predicado.
-Ortografía: acentuación. Diptongos e hiatos (estudiar por la libreta).
Literatura: los textos literarios.


 NOTA: HAI QUE ESTUDAR TANTO POLO LIBRO COMO POLA LIBRETA.

A estructura dos exames de lingua galega e lingua castelá será a seguinte:

-Ditado.
-Comprensión lectora: lectura con preguntas sobre a mesma.
-Exercicios de gramática.
-Expresión escrita: elaboración dun texto traballado previamente na clase.


sábado, 19 de outubro de 2019

DOMINÓ DE PALABRAS POLISÉMICAS

Para afianzar a aprendizaxe das palabras polisémicas os nenos/as xogaron a un dominó con imaxes de palabras de dito tipo.



DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...