mércores, 30 de outubro de 2019

DISFRACES DE SAMAÍN

Hoxe  celebramos o Samaín no cole e os nenos/as viñeron disfrazados . Que medo daban!!!


domingo, 27 de outubro de 2019

VISITA ARGALLAR (CIDADE DA CULTURA)



Argallar conta con xogos de construcción de carácter xeométrico.  Realizamos xogos a partir da arquitectura. Pasámolo de marabilla! ☺️☺️☺️☺️

domingo, 20 de outubro de 2019

EXAMES DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ


EXAMES E DATAS


CONTIDOS QUE ENTRAN NO EXAME



L.galega-uds 1 e 2

29 de outubro

3º ED.PRIMARIA

-Vocabulario: expresións/frases feitas: aberta de par en par, esmedrellarse de risa, ollos coma pratos, ano da polca.
-Gramática: a comunicación. Formas de comunicación. A linguaxe e as linguas. Linguas que se falan en España  (Saber localizar nun mapa de España as linguas que se fala en cada comunidade).
-Ortografía: o son k e z.
-Expresión escrita: escribir un correo electrónico. Elaborar un cartel.
Poesía : verso. Identificación de versos que riman.

4º ED. PRIMARIA

-Vocabulario da casa e da cociña. O dicionario.
-Gramática: as linguas de España. O galego (Saber localizar nun mapa de España as linguas que se fala en cada comunidade). A sílaba e a palabra. Ditongo e hiato.
-Ortografía: sons e letras (g e gu/c e qu/c e z/r e rr/ b e v).
Expresión escrita: escribir un correo electrónico. Elaborar un cartel.
-Literatura: a narración literaria (narrador, personaxes, lugar, tempo, acción).




L.castelá-uds 1 e 2

30 de outubro

3º ED.PRIMARIA

-Vocabulario: palabras sinónimas, antónimas y polisémicas (ud 3 pág 39). Palabra del día (desbordar, júbilo, sereno, huérfano y busto).
-Gramática: La comunicación. Formas de comunicación. Lenguaje y lenguas. Oración. Sujeto y predicado (ud.3 págs 40 y 41)
Ortografía: el sonido k y z.
Expresión escrita: autobiografía, biografía y descripción de personas.



4º ED.PRIMARIA

-Vocabulario: palabras sinónimas, antónimas  y polisémicas. Palabra del día (desbordar, júbilo, sereno, huérfano y busto).
-Gramática: la comunicación.El lengua y las lenguas. Las lenguas de España. Oración. Sujeto y predicado.
-Ortografía: acentuación. Diptongos e hiatos (estudiar por la libreta).
Literatura: los textos literarios.


 NOTA: HAI QUE ESTUDAR TANTO POLO LIBRO COMO POLA LIBRETA.

A estructura dos exames de lingua galega e lingua castelá será a seguinte:

-Ditado.
-Comprensión lectora: lectura con preguntas sobre a mesma.
-Exercicios de gramática.
-Expresión escrita: elaboración dun texto traballado previamente na clase.


sábado, 19 de outubro de 2019

DOMINÓ DE PALABRAS POLISÉMICAS

Para afianzar a aprendizaxe das palabras polisémicas os nenos/as xogaron a un dominó con imaxes de palabras de dito tipo.



sábado, 12 de outubro de 2019

luns, 7 de outubro de 2019

DEBERES

As tarefas que levan os nenos/as para a casa son para que fagan eles sós. Cando non saiban facer algún exercicio, que o deixen sen facer. Realizámolo na clase.

domingo, 6 de outubro de 2019

PALABRA DO DÍA

Cando na clase sae unha palabra da cal, os nenos/as descoñecen o seu significado, ésta convírtese na palabra do día. Deben realizar con esa palabra, a actividade que aparece a continuación (para que non a esquezan😊).


PARCHÍS DE SINÓNIMOS

Reglas do xogo

-Comezan a xogar cando saquen un 5 no dado.
-O primeiro xogador tira o dado e, na casilla que lle tocou, ten que dicir un sinónimo da palabra que aparece, se falla retroceda á casilla onde estaba.

Ademais de practicar as palabras sinónimas, este xogo permetiralles aumentar o vocabulario, xa que poden aparecer palabras que non saiban o que significa, e teñan que buscar o seu significado en internet ou en google.




EXAMES


EXAMES E DATAS


CONTIDOS QUE ENTRAN NO EXAME



Matemáticas-unidade 1: 16 de outubro
 -Números de 3 e 4 cifras para os de 3º, e de 6 e 7 cifras para os de 4º (descomposición, maior e menor que, como se leen).
-Números cardinais e ordinais.
 -Sumas e restas.
  -Problemas con unha e dúas operacións.


C.Sociais-unidade 1: 22 de outubro
- O sistema solar: planetas, lúa (movementos), terra (movementos e capas).
Para os de 4º, a maiores do anterior: mapas, planos e orientación (puntos cardinais, compás e GPS).


C.Naturais  4º -unidade 3 (Os animais): 18 de outubro
-Clasificación dos animais (segundo a fisonomía, a alimentación, a repodución e o medio no que viven).
-Tipos de animais vertebrados e invertebrados.
-Beneficios dos animais.
-A gandaría (tipos), tipos de gando.


NOTA: Deben estudar tanto polo libro como pola libreta.
Os exames de lingua castelá e lingua galega realizaranse ao remate da 2ªunidade.

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...