martes, 31 de marzo de 2020

TAREFAS


Mércores 1 e xoves 2 de abril de 2020.



Bos días equipo!

Aquí vos deixo o plan de traballo para hoxe e mañá!

MATEMÁTICAS

3º Comezamos a unidade 9: FRACCIONES Y DECIMALES. Tedes que poñer o título da unidade na libreta. Pinchando na imaxe que aparece debaixo tedes a explicación das fraccións (hai que lela varias veces e estudala) e uns vídeos sobre as fraccións que debedes ver. Por último, facedes na libreta, da páxina 126 o 1, 2 e 3 e da 127 o 4, 5 e 6.








4º Comezamos a unidade 9: TIEMPO Y DINERO. Tedes que poñer o título da unidade na libreta. Pinchando na imaxe do reloxo  tedes a explicación das fraccións (lédela varias veces e estudádela) e uns vídeos sobre as horas e o reloxo analóxico e dixital que debedes ver. Por último, realizade na libreta, da páxina 128 o 1 e o 2 e da 129 o 3 e o 4.








L.CASTELÁ

A tarefa de hoxe consiste en escribirme un correo electrónico a: monicavd1234@gmail.com contándome:

- Como estades.
-Que botades de menos.
-Que vos parace a situación que estamos vivindo. 
-Como pasades o tempo.
-Que estaría ben que fixeramos a nivel clase.

Intentade estendervos, evitando escribir frases moi curtas.
A estas alturas xa deberiades saber enviar un correo, de todas maneiras,  se non sodes capaces, podédeslle pedir axuda aos vosos familiares (só no envío do correo, non na redacción, ortografía...).

Pinchando nos vídeos tedes a explicación e o resto de actividades que hai que facer.

LINGUA CASTELÁ 3º

LINGUA CASTELÁ 4º

L.GALEGA

3º e 4º: ledes a lectura inicial da unidade 9 e facedes un breve resumo na libreta.

C.SOCIAIS

Repasastes a unidade 5? Espero que si. Imos facer un cuestionario para ver o que estudastes. Tedes que entrar en joinmyquiz.com, darlle a unirte al juego, introducir o código e completar o cuestionario.

Código 3º:  751923
Código 4º: 680225

C.NATURAIS

4º: ledes e estudades as páxinas 28 e 29 e facedes da páxina  29 o 2 e o 4. Despois ledes as páxinas 30 e 31 e, por último, completades na libreta o esquema (exercicio2) da páxina 33.

Despídome ata a volta das vacacións de semana santa. Desexo que descansedes moito e o pasedes ben, aínda que sexa na casa. Podedes organizar xogos coa familia, sesións de cine... e todo o que se vos ocurra.

Lembrade ler un pouco, facer cálculo e problemas.

Se queredes repasar contidos dos vosos libros de texto entrade na páxina do
 CEIP LORETO, alí encontaredes un montón de actividades e xogos educativos.

Aquí vos deixo o enlace:



domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFAS

Luns 30 e martes 31 de marzo de 2020



Comezamos a semana!

Aquí vos deixo o plan de traballo para hoxe e mañá:

MATEMÁTICAS

Ides facer un cuestionario. Tedes que entrar en joinmyquiz.com e intoducir o código (non fai falla rexistrarse).

Código de 3º: 883062
Código de 4º: 319925

LINGUA GALEGA

Tedes que facer unha ficha interactiva. Pinchade na imaxe e realizade as actividades, ao rematar,  dádelle a comprobar resultados, facédelle unha foto e enviádema co resto das tarefas.
Aclaración: nas actividades que vos mande pintar, en lugar de pintar marcade a resposta correcta.


LINGUA CASTELÁ

Ides realizar  un cuestionario. Entrade en joinmyquiz e introducide o código (non fai falla rexistrarse).

Código de 3º: 029990
Código de 4º:762874

Comezamos a unidade 9. Lede a lectura do inicio da unidade. Ao rematar
3º ten que facer do  ponte a proba da páxina 125 o a, c,d e f.
4º Resumide brevemente a lectura.

CIENCIAS SOCIAIS

3º Repasade a unidade 5 : as paisaxes e facedes saber facer páxina 72: interpreto os elementos dun mapa e o o 2 da páxina 73.
4º Repaso da unidade 5: os tipos de paisaxe , saber facer da páxina 60 e o 2 e 3 da páxina 61.

Recoméndovos que vexades estes vídeos sobre a paisaxe, tipos de paisaxe...






Facede vós sós as actividades.
Repasade ciencias sociais.
Preguntade as dúbidas que teñades.
Lede un pouco todos os días.
Lembrade visitar os blog dos resto dos profes e facer as tarefas que vos encomendan.




venres, 27 de marzo de 2020

TAREFAS


VENRES 26 E FIN DE SEMANA 27 E 28 DE MARZO DE 2020



MATEMÁTICAS

Imos repasar a unidade 8. Tedes que facer no caderno as actividades do libro de texto que aparecen marcadas.

ACTIVIDADES 3º

ACTIVIDADES 4º






Déixovo aquí uns xogos para practicar o tema de matemáticas que rematamos.


L.CASTELÁ


Tedes que inventar unha noticia relacionada cun tema de actualidade (no caderno). Recordade que as partes dunha noticia son : titular, entradilla, corpo, foto e pé de foto (tedes a teoría na libreta).

L.GALEGA

Ides facer unha ficha de comprensión lectora interactiva, para acceder a ela pinchade na imaxe.
Tedes que ler a lectura e contestar ás preguntas, cando rematedes dádeslle a terminado, a continuación, a comprobar respostas, e por último, facédeslle unha foto para enviarma co resto da tarefa.



C.SOCIAIS

3º Hai que ler e estudar as páxinas 70 e 71 (a conservación das paisaxes). Facer un esquema da páxina 70 das causas do deterioro das paisaxes, e por último, localizar e escribir no mapa de España, que encontraredes pinchando no mapa que aparece debaixo, os parques nacionais.


Ler e estudar as páxinas 58 e 59 (outras paisaxes de España). Facer da páxina 59 o 1 (co que faredes un resumo das dúas páxinas) e buscar en internet unha paisaxe atlántica protexida e facer unha pequena ficha informativa na libreta (localización, altitude, vexetación, fauna... podedes acompañala dunha fotografía).

 Repasade as unidades 7 e 8 de lingua, lengua e matemáticas (practicando nun caderno que teñades pola casa) para o luns.
Desexo que teñades unha boa fin de semana. Mándovos moito ánimo!!!!



martes, 24 de marzo de 2020

TAREFAS



Mércores 25 e xoves 26 de marzo de 2020

                      

Aquí vos deixo o plan de actividades para hoxe e mañá:

MATEMÁTICA

3º: primeiro, vede o vídeo de divisións con 0 no cociente, e despois, facede da páxina 114 o 2 (divisións con 0 no cociente) e da 115 o 4 (problemas).

4º: tedes que facer a ficha interactiva que aparece mais abaixo, pinchando no debuxo da libreta (multiplicacións decimais pola unidade seguida de ceros: desplazamos a coma a dereita tantos lugares como ceros seguen á unidade) e da página 117 o 5 (problemas).

DIVISIÓNS CON 0 NO COCIENTE


FICHA INTERACTIVA MATEMÁTICAS 4º

Para facer a ficha interactiva de divisións de números decimais por a unidade seguida de ceros, tedes que pinchar no debuxo que aparece debaixo. Se non a podedes facer interactiva, debedes copiala no caderno. Cando rematedes, pulsades terminado e dádeslle á opción de enviarma. Enchedes os datos que vos piden e mandádesma para que poida ver o que fixestes.


LINGUA CASTELÁ

3º y 4º: hai que facer a ficha de comprensión lectora interactiva que aparece pinchando no mago.
Para facer a ficha interactiva, tedes que pinchar no debuxo que aparece debaixo. Se non a podedes facer interactiva, debedes copiala no caderno. Cando rematedes, pulsades terminado e dádeslle á opción de enviarma. Enchedes os datos que vos piden e mandádesma para que poida ver o que fixestes.

FICHA DE COMPRENSIÓN LECTORA INTERACTIVA 3º Y 4º


LINGUA GALEGA

3º e 4º tedes que redactar a receita dun prato de comida que vos guste, pasalo a ordenador (en word ou calquera procesador de texto) e enviarma ao meu correo electrónico (podes pedirlle axuda co ordenador aos vosos familiares).
Lembrade que as receitas teñen as seguintes partes: nome do prato, ingredientes, preparación e fotografía do prato.

CIENCIAS NATURAIS

4º Despois de ver os vídeo sobre alimentación saudable, lede as páxinas 26 e 27 (alimentación saudable) e facede un esquema na libreta , que vos axudará a estudar.
                                                  
      VÍDEOS ALIMENTACIÓN SAUDABLE 4º

     
   
                              
Na marxe dereita do blog tedes os enlaces aos blogs dos outros profe, entrade para ver o que tedes que facer.

 Como sempre vos digo, lede un pouco e que non vos esquezades de xogar ☺

Unha aperta forte para todos/as.

luns, 23 de marzo de 2020

TAREFAS




  Luns 23 e martes 24 de marzo de 2020



Comezamos a semana! 



As tarefas que tedes que realizar hoxe e mañá son as seguintes:


MATEMÁTICAS


 3º: seguimos coas divisións con divisor dunha cifra. Debedes facer da páxima 112 do 1 (só a última columna) e da páxina 113 do 4  (o primeiro punto) e do 5 (o terceiro punto).

A continuación tedes un vídeo tutorial para recordar como se fan as divisións cunha cifra no divisor co método de resta.

4º: tedes que realizar os problemas do exercicio 5 da páxina 115 e da páxina 116, do 1, as catro últimas operacións.
Debaixo tedes un vídeo tutorial das multiplicacións con números decimais.
                                                            
L.CASTELÁ

3º: tedes que ler a lectura da páxina 116 "Cuánta energía" e facer no caderno, da páxina 117 o 3,6 e 7 (comprensión lectora).
4º: lede a lectura da páxina 116 a receita "macarrones con chocolate" e facede o 2,3, e 7 da 117 (comprensión lectora).                     
                        
C.SOCIAIS

3º: Debedes ler e estudar as páxinas 68 e 69 "as paisaxes de Galicia" e situar no mapa de Galicia que aparece  pinchando no mapa que tedes  a continuación,  os espazos naturais protexidos.



4º: Tedes que ler e estudar as páxinas 56 e 57 "as paisaxes de España" e buscar en Internet 4 paisaxes protexidas de España, diferente as que aparecen no libro, e situalas no mapa de España que aparece pinchando na imaxe do mapa.



_________________________

-Trátase de que vos organicedes, e establezades un horario de traballo e de xogo. Non fagades todo nun día.
-Sede curiosos na presentación dos traballos e poñede atención no que facedes.
-Lembrade ler un pouco, e tamén, xogar!
-Enviádeme as tarefas, cando rematedes todas as actividades, nun só correo.
-Se tedes calquera dúbida xa sabedes onde atoparme.
Que teñades bo comezo de semana!😊





mércores, 18 de marzo de 2020

TAREFAS PARA A PONTE


LENGUA 3º E 4º


Tedes que ler a lectura e facer as pregunta de comprensión lectora. Clicando nos enlaces encontrades as dúas fichas, que podedes imprimir e completar. O que non as poida imprimir debe facelas na libreta. (Facede boa letra, tede coidado coas faltas de ortografía e incluide a pregunta na resposta).




MATEMÁTICAS 3º 

Tedes que facer as divisións e os problemas que aparecen clicando nos enlaces seguintes. Podedes imprimir as fichas e facer as actividades, ou ben facelas na libreta.





MATEMÁTICAS 4º

Continuade facendo as divisións da ficha das flores e realizade os problemas que aparecen clicando no enlace seguinte. Podedes imprimir a ficha e facer os problemas ou facelos na libreta.







- Preguntade todo o que non entendades a través do correo electrónico.

 -Lede un pouco todos os días.
-Ide estudando para os exames de lingua castelá, lingua galega, matemáticas (unidades 7 e 8) e ciencias sociais (unidade 5) que tiñamos fixados. Farémolos cando voltemos ao colexio.



Volvemos o luns con novas tarefas.

Deséxovos un bo día do pai e unha boa ponte, a pesares da situación que estamos a vivir!!! 
unha aperta grande para todos/as.

VIDEO CORONAVIRUS

TAREFAS


Mércores, 18 de marzo de 2020

Chegamos ao ecuador da semana!

Quero mandarvos moito ánimo. En xeral estades traballando moi ben!


As tarefas de hoxe son as seguintes:

MATEMÁTICAS

3º: páxina 111 exercicios 5, 6 e cálculo mental.

4º: páxina 114 nº1 (lede o cadro de presta atención) e 2 e da páxina 115 o 3 (lede o cadro que pon recorda) e o 4.
                                
    LINGUA CASTELÁ

3º: ler o cadro da páxina 114 e facer o exercicio 2 e da 115 o 5

4º: ler e estudar o cadro do uso da b da páxina 114 e facer da 115 o 4 e o 6.

  
LINGUA GALEGA

3º: ler e estudar o cadro de palabras con b da páxina 106 e facer o 2 e da 107 o 5.
4º: ler e estudar o cadro de acento gráfico nas palabras graves da páx 104 e facer o 1 e da 105 o 4 e o 5.
                                       

CIENCIAS NATURAIS

4º: Ler e estudar os hábitos saudables páx 24, facer o debuxo da árbore dos hábitos saudables da  páxina 24 e  o 1, 2 e 3 da páxina 25.
                                    
                    
-Non esquezades ler.

-Recordade que non estamos de vacacións, pero este novo método de traballo permítenos ser un pouco máis flexible.

- Se tedes calquera dúbida mandádeme un correo electrónico a: monicavd1234@gmail.com
😘😘😘😘😘

RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO


Comparto con vós unha iniciativa de mestres/as, en galego, para axudar dalgún xeito a dispoñer de recursos educativos adicionais na nosa lingua para este tempo de illamento.

http://aulasgalegas.org/

martes, 17 de marzo de 2020

TAREFAS C.NATURAIS 3º


As tarefas de 3º de E.P. propostas na área de CIENCIAS DA NATUREZA xa volas mandei por ABALAR MÓBIL aquí está o pdf que podedes imprimir ou copiar e realizar na libreta as actividades de repaso da unidade 6.

Repaso da u.6 c.naturais 3º primeira parte


Repaso da u.6 de c.naturais 3º segunda parte

luns, 16 de marzo de 2020

venres, 13 de marzo de 2020

IMPORTANTE


Boas!

Con motivo do peche do centro como medida preventiva polo coronavirus, por  medio de este blog vouvos informar das tarefas que os nenos/as terán que realizar diariamente. Tamén estaría ben que descargen a aplicación ABALAR MOBIL (aplicación gratuíta, válida para IOS e ANDROID, proporcionada pola consellería de educación, e que xa teñen a maioría das familias de 3º e 4º)  nos seus teléfonos para podernos comunicar. 
Poño a disposición o meu correo monicavd1234@gmail.com para calquera consulta que me queirades realizar ou para preguntar dúbidas que lle surxan aos nenos/as.


 Xeito de realizar as tarefas:

 -Colgarei, día a día, neste blog as tarefas a realizar das diferentes áreas. Agradecería que, conforme as vaian facendo, lle saquedes unha foto cun móbil e as enviedes ao correo:  monicavd1234@gmail.com, para proceder á súa corrección.
-A maioría das actividades serán dos diferentes libros de texto. As fichas enviaranse escaneadas, os nenos/as que non as poidan imprimir, poderanas facer na libreta.


  Para comunicarnos:

-ABALAR MOBIL

-monicavd1234@gmail.com


Unha aperta a todos/as, PACIENCIA E CALMA!


El juego del coronavirus

martes, 3 de marzo de 2020

EXAME DE CIENCIAS SOCIAIS 3° E 4°

DATA: Venres, 6 de marzo

CONTIDOS 3° : 
- A auga e os seus cambios de estado.
- O ciclo da auga.
- A auga nas paisaxes: a auga líquida, a auga cada e as augas subterráneas.
- As partes e o curso dun río.
- O uso e o coidado da auga.

CONTIDOS 4°:
- A hidrosfera.
- Cambios de estado da auga.
- O ciclo da auga.
- As augas continentais.
- Os ríos de España e as súas vertientes.

EXAME DE MATEMÁTICAS 3°

DATA: mércores, 4 de marzo

CONTIDOS
- Multiplicacións por números de dúas e tres cifras.
- Potencias: cuadrados e cubos.
- Estimación de produtos.
- Problemas de dúas o máis operacións.

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...