domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFAS

Luns 30 e martes 31 de marzo de 2020



Comezamos a semana!

Aquí vos deixo o plan de traballo para hoxe e mañá:

MATEMÁTICAS

Ides facer un cuestionario. Tedes que entrar en joinmyquiz.com e intoducir o código (non fai falla rexistrarse).

Código de 3º: 883062
Código de 4º: 319925

LINGUA GALEGA

Tedes que facer unha ficha interactiva. Pinchade na imaxe e realizade as actividades, ao rematar,  dádelle a comprobar resultados, facédelle unha foto e enviádema co resto das tarefas.
Aclaración: nas actividades que vos mande pintar, en lugar de pintar marcade a resposta correcta.


LINGUA CASTELÁ

Ides realizar  un cuestionario. Entrade en joinmyquiz e introducide o código (non fai falla rexistrarse).

Código de 3º: 029990
Código de 4º:762874

Comezamos a unidade 9. Lede a lectura do inicio da unidade. Ao rematar
3º ten que facer do  ponte a proba da páxina 125 o a, c,d e f.
4º Resumide brevemente a lectura.

CIENCIAS SOCIAIS

3º Repasade a unidade 5 : as paisaxes e facedes saber facer páxina 72: interpreto os elementos dun mapa e o o 2 da páxina 73.
4º Repaso da unidade 5: os tipos de paisaxe , saber facer da páxina 60 e o 2 e 3 da páxina 61.

Recoméndovos que vexades estes vídeos sobre a paisaxe, tipos de paisaxe...






Facede vós sós as actividades.
Repasade ciencias sociais.
Preguntade as dúbidas que teñades.
Lede un pouco todos os días.
Lembrade visitar os blog dos resto dos profes e facer as tarefas que vos encomendan.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...