venres, 27 de marzo de 2020

TAREFAS


VENRES 26 E FIN DE SEMANA 27 E 28 DE MARZO DE 2020



MATEMÁTICAS

Imos repasar a unidade 8. Tedes que facer no caderno as actividades do libro de texto que aparecen marcadas.

ACTIVIDADES 3º

ACTIVIDADES 4º






Déixovo aquí uns xogos para practicar o tema de matemáticas que rematamos.


L.CASTELÁ


Tedes que inventar unha noticia relacionada cun tema de actualidade (no caderno). Recordade que as partes dunha noticia son : titular, entradilla, corpo, foto e pé de foto (tedes a teoría na libreta).

L.GALEGA

Ides facer unha ficha de comprensión lectora interactiva, para acceder a ela pinchade na imaxe.
Tedes que ler a lectura e contestar ás preguntas, cando rematedes dádeslle a terminado, a continuación, a comprobar respostas, e por último, facédeslle unha foto para enviarma co resto da tarefa.



C.SOCIAIS

3º Hai que ler e estudar as páxinas 70 e 71 (a conservación das paisaxes). Facer un esquema da páxina 70 das causas do deterioro das paisaxes, e por último, localizar e escribir no mapa de España, que encontraredes pinchando no mapa que aparece debaixo, os parques nacionais.


Ler e estudar as páxinas 58 e 59 (outras paisaxes de España). Facer da páxina 59 o 1 (co que faredes un resumo das dúas páxinas) e buscar en internet unha paisaxe atlántica protexida e facer unha pequena ficha informativa na libreta (localización, altitude, vexetación, fauna... podedes acompañala dunha fotografía).

 Repasade as unidades 7 e 8 de lingua, lengua e matemáticas (practicando nun caderno que teñades pola casa) para o luns.
Desexo que teñades unha boa fin de semana. Mándovos moito ánimo!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...