luns, 23 de marzo de 2020

TAREFAS




  Luns 23 e martes 24 de marzo de 2020



Comezamos a semana! 



As tarefas que tedes que realizar hoxe e mañá son as seguintes:


MATEMÁTICAS


 3º: seguimos coas divisións con divisor dunha cifra. Debedes facer da páxima 112 do 1 (só a última columna) e da páxina 113 do 4  (o primeiro punto) e do 5 (o terceiro punto).

A continuación tedes un vídeo tutorial para recordar como se fan as divisións cunha cifra no divisor co método de resta.

4º: tedes que realizar os problemas do exercicio 5 da páxina 115 e da páxina 116, do 1, as catro últimas operacións.
Debaixo tedes un vídeo tutorial das multiplicacións con números decimais.
                                                            
L.CASTELÁ

3º: tedes que ler a lectura da páxina 116 "Cuánta energía" e facer no caderno, da páxina 117 o 3,6 e 7 (comprensión lectora).
4º: lede a lectura da páxina 116 a receita "macarrones con chocolate" e facede o 2,3, e 7 da 117 (comprensión lectora).                     
                        
C.SOCIAIS

3º: Debedes ler e estudar as páxinas 68 e 69 "as paisaxes de Galicia" e situar no mapa de Galicia que aparece  pinchando no mapa que tedes  a continuación,  os espazos naturais protexidos.



4º: Tedes que ler e estudar as páxinas 56 e 57 "as paisaxes de España" e buscar en Internet 4 paisaxes protexidas de España, diferente as que aparecen no libro, e situalas no mapa de España que aparece pinchando na imaxe do mapa.



_________________________

-Trátase de que vos organicedes, e establezades un horario de traballo e de xogo. Non fagades todo nun día.
-Sede curiosos na presentación dos traballos e poñede atención no que facedes.
-Lembrade ler un pouco, e tamén, xogar!
-Enviádeme as tarefas, cando rematedes todas as actividades, nun só correo.
-Se tedes calquera dúbida xa sabedes onde atoparme.
Que teñades bo comezo de semana!😊





Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...