mércores, 18 de marzo de 2020

TAREFAS PARA A PONTE


LENGUA 3º E 4º


Tedes que ler a lectura e facer as pregunta de comprensión lectora. Clicando nos enlaces encontrades as dúas fichas, que podedes imprimir e completar. O que non as poida imprimir debe facelas na libreta. (Facede boa letra, tede coidado coas faltas de ortografía e incluide a pregunta na resposta).




MATEMÁTICAS 3º 

Tedes que facer as divisións e os problemas que aparecen clicando nos enlaces seguintes. Podedes imprimir as fichas e facer as actividades, ou ben facelas na libreta.





MATEMÁTICAS 4º

Continuade facendo as divisións da ficha das flores e realizade os problemas que aparecen clicando no enlace seguinte. Podedes imprimir a ficha e facer os problemas ou facelos na libreta.







- Preguntade todo o que non entendades a través do correo electrónico.

 -Lede un pouco todos os días.
-Ide estudando para os exames de lingua castelá, lingua galega, matemáticas (unidades 7 e 8) e ciencias sociais (unidade 5) que tiñamos fixados. Farémolos cando voltemos ao colexio.



Volvemos o luns con novas tarefas.

Deséxovos un bo día do pai e unha boa ponte, a pesares da situación que estamos a vivir!!! 
unha aperta grande para todos/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...