venres, 13 de marzo de 2020

IMPORTANTE


Boas!

Con motivo do peche do centro como medida preventiva polo coronavirus, por  medio de este blog vouvos informar das tarefas que os nenos/as terán que realizar diariamente. Tamén estaría ben que descargen a aplicación ABALAR MOBIL (aplicación gratuíta, válida para IOS e ANDROID, proporcionada pola consellería de educación, e que xa teñen a maioría das familias de 3º e 4º)  nos seus teléfonos para podernos comunicar. 
Poño a disposición o meu correo monicavd1234@gmail.com para calquera consulta que me queirades realizar ou para preguntar dúbidas que lle surxan aos nenos/as.


 Xeito de realizar as tarefas:

 -Colgarei, día a día, neste blog as tarefas a realizar das diferentes áreas. Agradecería que, conforme as vaian facendo, lle saquedes unha foto cun móbil e as enviedes ao correo:  monicavd1234@gmail.com, para proceder á súa corrección.
-A maioría das actividades serán dos diferentes libros de texto. As fichas enviaranse escaneadas, os nenos/as que non as poidan imprimir, poderanas facer na libreta.


  Para comunicarnos:

-ABALAR MOBIL

-monicavd1234@gmail.com


Unha aperta a todos/as, PACIENCIA E CALMA!


El juego del coronavirus

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...