luns, 15 de xuño de 2020

TAREFA DO 15 AO 18 DE XUÑO DE 2020


Bitmoji Image

ÚLTIMA ACTIVIDADE DO  CURSO 2019/2020

Como xa queda moi pouquiño para fin de curso, gustaríame propoñervos unha tarefa esta semana. É unha tarefa especial e gustaríame que vos esforzarades. É unha tarefa para despedirnos aínda que non poidamos estar xuntos no cole.
Trátase de escribir unha carta de despedida de curso para os compañeiros/as de clase, un debuxo, unha postal, un mural... o que queirades, algo bonito para que todos o poidamos ver no blog, onde crearei unha entrada para poñer todas as cartas ou o traballo que fagades.
O xoves deberían estar todas. Cando a teñades rematada, poñédeslle o voso nome, facédeslle unha foto e enviádesma.
Eso sí, aclaro que debe de ser algo para todos os compañeiros/as da clase (3º e 4º), non colgarei dedicatorias invididuais.


            RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Como recomendacións para o verán, este curso que foi atípico e duro, con tantos cambios, o principal é que o pasedes o mellor que poidades.
Aqueles que o desexedes podedes continuar facendo “Seguir trabajando en el objetivo de aprendizaje” que aparece ao final das leccións que fixestes en Snappet. A plataforma vai quedar aberta durante o mes de xullo.

A segunda recomendación para as vacacións  é ler, ler, ler,....

PORQUE LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS...


Podedes ler gratis, en internet e en castelán, o novo conto de J. K. Rowling, a creadora de Harry Potter. Vano publicando por capítulos. Se lle dades ao enlace entraredes directamente na páxina. Para os que desfrutades debuxando, tamén podedes participar coas vosas creacións.



Vémonos o venres 19 por videochamada, para despedirnos:


Clientmoji




Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...