luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS DO LUNS, 1 DE XUÑO DE 2020


Bitmoji Image

Bos días equipo! Empezamos esta primeira semana de xuño con motivación para conseguir todos os obxectivos que nos propoñamos.


Para hoxe propóñovos as seguintes actividades:

LENGUA CASTELLANA (3º e 4º)

Hoy vamos a leer, resumir lo que hayamos leído, ver (3º de primaria o repasar (4º)las reglas de acentuación y corregir las faltas de ortografía de un pequeño texto. Clicando en el enlace tenéis las actividades de hoy:

TAREAS LENGUA CASTELLANA 3º Y 4º

*Enviadme estas actividade por correo electrónico.

CIENCIAS SOCIAIS (3º e 4º)

Repasade a Unidade 7: 3º "Os traballos na natureza"e 4º "O territorio de España e de Europa" O vindeiro día faremos unha proba.
Deixovos unhas actividades de repaso. Estas actividades son voluntaria. 
*Envíovos as  solucións ao final do 
día.
3º ACTIVIDADES DE REPASO UNIDADE 7

4º ACTIVIDADES DE REPASO UNIDADE 7

VOZ NATURA-CIENCIAS NATURAIS (3º E 4º)


No cole facemos moitas tarefas para coidar o medio ambiente: elaboramos compost, plantamos utilizando abonos naturais, aforramos auga regando con regadeiras, cerramos as billas mentres enxaboamos as mans, reciclamos, reutilizamos obxectos para darlles unha nova vida…
Pero queremos saber que cousas facedes vós e as vosas familias para coidalo e protexelo. Nos seguintes enlaces tedes unha lista de accións, ademais das mencionadas anteriormente, que se poden facer na casa para coidar o medio ambiente e a ficha que debedes imprimir e cumprimentar (preferibblemente á man. A máis traballada e curiosa incluirase no proxecto de Voz Natura deste curso): 

Os animais aportan compañía e amor incondicional que non entende de razas nin de ideas. Só a cambio de coidalos e protexelos, eles proporcionan unha amizade infinita e axúdannos a ser mellores persoas. Pero requiren atención as 24 horas do día, non son xoguetes. Senten, sofren e precisan afecto e atención. Ter unha mascota ten que ser unha decisión responsable porque supón un compromiso a longo prazo.
Debemos elixir aquelas que se adapten ao modo de vida familiar e ás condicións do fogar.
Os animais teñen necesidades e debedes facervos cargo de pequenas tarefas como: comida, paseo, lavado...

Podemos desfrutar en familia de actividades conxuntas tanto cando as coidamos como cando xogamos con elas.

Coa seguinte actividade pretendemos recoller:

- Que mascotas tedes na casa e como se chaman.
Se son adoptadas, compradas ou regaladas.
-Algunhas características físicas que teñen, coidados, ou algo que saiban facer (peculiaridades).
-Foto da mascota soa e/ou con vós ou a vosa familia.

A MIÑA MASCOTA

Como sempre vos digo, estou dispoñible para o que precisedes, só tedes que escribirme por correo electrónico ou WhatsApp.
Clientmoji

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA CURSO 2019/2020

DESPEDIDA DOS NENOS/AS: (Premede enriba de cada despedida para agrandar.) Noa Uxía Daniel Hugo Riádigos Águe...